A verdade é que non se me ocorre ningunha tontería para postear hoxe,
día dos Inocentes. ¿Recordan cando os xornais e telediarios publicaban
algunha noticia de broma este día? Xa saben, “obrigan a desmontar
Torrespaña” ou “famoso pivot pásase á hípica”. Quizá é que o formato de
‘Evadidos’ non se presta a este tipo de parvadas e non tería demasiada
graza anunciar que James Brown resucitou ao terceiro día ou que o
compañeiro Benito non existe e en realidade os seus textos elabóraos
unha sofisticada rede de ordenadores. Quizá o seu sería defender que o
disco do ano é o dos Arctic Monkeys.
Ah, que iso ía en serio.